Archive for xuño, 2007

Tan doado esquecer…

xuño 30, 2007

Nesta vida, acontécenos de todo. Pasamos por unhas e outras circunstancias, compartindo experiencias con moi diferentes persoas. Ás veces, saimos escaldados, tendo dúas tazas cando non queriamos ningunha. Mais, outras veces, non nos damos conta do que temos preto de nós, idealizamos a calquera sen ter en conta que, se cadra, ten máis erros dos que nós poidamos ter nunca.

Sempre soñei con mezclar mundos. Sí, aquelo que ás veces nos pasa, que temos un soño ou pesadelo no que aparecen xentes de distintos ámbitos da túa vida formando parte dunha mesma historia. Chamádeme inconsciente, chamádeme o que queirades. Pero este feito mostra unha parte bastante clara da miña persoa: formo parte de moitos mundos.

E coma min, todos, en maior ou menor medida. Mais o meu caso, nese senso, é especial, con 1000 km de por meio. Non é por darlle maior dramatismo á miña historia persoal, mais está claro que aqueles que podían ser amigos meus en Ourense non teñen nada que ver, desafortunadamente, coas amizades feitas ou por facer na terra de acollida.

Soñando, pois, queres ver xuntos a aqueles dous amigos, nun contexto común (e a cotío descoñecido). Queres tamén adecuarte ti a eles, creando un ambiente idóneo. Xa se sabe, soñar é gratis.

O máis cruel é cando, no teu inconsciente, sobreviven as imaxes desas persoas que, dun xeito ou outro, marcaron a túa forma de ser, o teu futuro e, inevitablemente, pensas que elas xa te esqueceron. Un tributo ao pasado non sempre é malo, é máis, reafirma con creces as túas orixes, daste un sí a ti mesmo. (tal como decía Nietzsche cando falaba de dar un sí á vida). A vida creadora pasa polo pasado, sen dúbida.

Aínda que, seguramente, pra moitos dos que me coñeceron, dos que formaron parte da miña formación como persoa é tan doado esquecer...

Chuzame! chuzame -

Hai outras terras…

xuño 11, 2007

Xa vai tempo que creei este blogue. Facíame ilusión, como a calquera ególatra que se precie (como somos tódolos bloggers, e máis os do blogomillo), ter un dominio da miña terra co meu nome. Acababa de descubrir blogaliza, alá polo Outubro do 2006.

Mais son tempos de loita calmada, de reivindicación normalizada do que sempre foi noso: o galego, a nosa lingua e a nosa cultura. Por iso, estando en blogger, dinme conta de que debía vir a blogaliza. O noso, hai que coidalo.

Con este blogue o que pretendo non é máis que dar vida a interpretacións persoais sobre todo o que acontece no meu entorno, ocupando un posto preeminente a política. Pero a política entendida coma a forma de solución dos problemas do día a día.

Non pretendo converter esta bitácora nun espazo pra o debate político, porque,
entendo, no blogomillo a monotemática (porén de facerse pesada) non logra xenerar un debate ao redor da actualidade. O mellor é que todo se deixe fluír e que cada un diga o que queira no momento adecuado. Os debates artificiais, que caracterizan a política de hoxe en día, nunca serviron de nada.

Sen máis, prégolles paciencia mentres un servidor non acaba coa construcción deste humilde
caderno, que espero encher de letras.

Chuzame! chuzame -