Hai outras terras…
xuño 11, 2007
Xa vai tempo que creei este blogue. Facíame ilusión, como a calquera ególatra que se precie (como somos tódolos bloggers, e máis os do blogomillo), ter un dominio da miña terra co meu nome. Acababa de descubrir blogaliza, alá polo Outubro do 2006.
Mais son tempos de loita calmada, de reivindicación normalizada do que sempre foi noso: o galego, a nosa lingua e a nosa cultura. Por iso, estando en blogger, dinme conta de que debía vir a blogaliza. O noso, hai que coidalo.
Con este blogue o que pretendo non é máis que dar vida a interpretacións persoais sobre todo o que acontece no meu entorno, ocupando un posto preeminente a política. Pero a política entendida coma a forma de solución dos problemas do día a día.
Non pretendo converter esta bitácora nun espazo pra o debate político, porque,
entendo, no blogomillo a monotemática (porén de facerse pesada) non logra xenerar un debate ao redor da actualidade. O mellor é que todo se deixe fluír e que cada un diga o que queira no momento adecuado. Os debates artificiais, que caracterizan a política de hoxe en día, nunca serviron de nada.
Sen máis, prégolles paciencia mentres un servidor non acaba coa construcción deste humilde
caderno, que espero encher de letras.
chúzame -
Bemvindo à Blogaliza, Silvinho. Sorte e umha aperta.
Moitas grazas, Rifenha! Isto arrancará co novo curso jeje.
Add A Comment