Diada Nacional de Catalunya

setembro 13, 2007

 O día de nacional de Catalunya é un día que, sen lugar a dúbidas, faite sentir  integrado e orgulloso de vivir nos Països Catalans. Enorgulléceste de vivir rodeado de xente implicada na vida social, que defende "o seu" (lo nostre) dunha forma tan clara e decidida. E non falo de política nin de políticos, cónstese.

 

Todo isto podo dicilo despois de ter asistido aos actos celebrados o 11 de Setembro por ERC e outros colectivos e partidos de diferente ideoloxía (sí, por alí había até xente da UXT).  Primeiramente, sorprendeume gratamente a acollida da xente, que, ao vernos cunhas bandeiras galegas ás costas (ou colgadas dun pao), non dubidaban en virnos á falar. Este foi o caso do Portaveu Nacional das JERC, e diputado de ERC no Parlament, Pere Aragonès e de un bo número de "descoñecidos" pero igual de comprometidos coa causa que alí nos reunía: a posta en escea do "català emprenyat", o catalán enfadado pola mala xestión de Madrid nos asuntos daquí.

 

Decíame xente que as manifestacións do 11-S eran aburridas, de ámbito familiar, sen nengún tipo de reivindicación (ou moi poucas, vamos). Mais este ano, o desastre das cercanías, as promesas incumplidas e o gran apagón (do que, por certo, eu tamén fun damnificado) capitalizaron aínda máis o desexo de independencia, berrado con moita máis forza que outros anos, sen lugar a dúbidas.

As reivindicacións sempre son lexítimas, mais non sempre intelixentes. Este, sen dúbida, non é o caso. Catalunya merece máis atención (igual que merece Galiza) por parte do estado (aínda que por diferentes motivos). E a xente daquí deixouno claro ...

 

PD: Todo isto, escribíndoo cando fai xusto 1 ano que comecei a miña andaina no blogomillo alá en http://eu-e-galiza.blogspot.com e que, agora mesmo, acabo de pechar. Como ben dixen, hai outras terras...

Chuzame! chúzame -

  1. xoán Said,

    Paisano,unha aperta.

    A Catalunya,n´ha motls galegos,peró,pocs com tú,et felicito,veig que estás integrat a la causa Galego-Catalana.N´oblides,Galeuska,penso que era del 1932.
    Una forte encaixada…ferreiro

Add A Comment