Segue chovendo…
setembro 24, 2007Pero hoxe, chove dentro de min. Non é morriña, non é nada... É soedade. Hoxe, seguramente, verédesme escribir co corazón. Haberá erros, haberá pausas e incorcondancias. Todo será porque o meu estómago hoxe, de tanta ansiedade, síntese coma un trapo. Un trapo usado, rexeitado e posteriormente pisoteado; sen querer, por suposto. Ou sen saber evitalo, que a moita xente lle pasa.
E ben, hoxe, de min, só queda aquel cheiro a herba, de cando chove, chove e chove... Pero tanta chuvia xa botou á perder a colleita. E xa hai charcos. E énchense as pozas. Ata que se baleiren, non voltarei a ser o mesmo. E disque este ano, choveu máis ca nos últimos 6...
Ilusionarse é o peor que lle pode pasar a unha persoa. É depositar a confianza e as expectativas nun obxeto ou non suxeto, e, calquera dos dous, sempre acaba por non chegar a tan altas expectativas.
O pesimismo e o escepticismo son as mellores armas contra a sociedade do século XXI. A lo menos, para min...
chúzame -
Add A Comment