¿Novos tempos?
outubro 6, 2007
Sí, agora estou na universidade. Todo semella diferente, incluso, os compañeiros, que proveñen de moi diferentes sitios desta terra, de Catalunya. A xente, contrariamente ao que pasa en moitos círculos diferentes a este, ábrese extraordinariamente a manter conversas con xente da que ignoran todo. É curioso, cando menos, ver como o azar é o que máis xoga en posíbeis amizades que duraran anos, seguramente. Pero vamos, hai quen lle quere chamar destino.
Hoxe, estou extraordinariamente pesimista. Foron algúns os que me preguntaron qué me pasada, a raíz do último post. Realmente, ter un mal que todo o mundo pasou algunha vez non me alerta; alértame ter sempre o meu mesmo mal.
De aquí, o título. En realidade, botou á andar unha nova etapa no meu transcurso vital pero, inexplicablemente, sinto que vivo nun bucle e que, tan só, cambiaron os actores que me rodean. E, neste caso, non falo dos meus compañeiros e compañeiras de Ciencias Políticas, nos que tiven unha gran acollida. El gallego sempre cae ben, neste tipo de situacións, mais en realidade, sempre ten un transfondo vital do que ten que olvidarse, necesariamente.
Si, aínda chove. Pero parece que xa caeu o diluvio. Só hai que esperar...
chúzame -
Dis que hoxe estás extraordinariamente pesimista, pero a min paréceme que levas varios días, porque estuven lendo por aquí abaixo o destos últimos días e xa che ven de atrás.
Pero non te preocupes, a tristura eche cousa do outono e pasarache.
A min dasme un pouco de envexa, ¡quen me dira a min marchar agora a unha cidade a estudar unha careira!
pois non podo, xa sabes o traballo, as obligaciós familiares, etc, pero iso non me quita de poder estudar igualmente, así que me matriculesi na UNED xa o ano pasado e ahí ando, teño tantas cousas que facer, incluido escribir no meu blog e nos dos demáis blogueiros, que nin me percatara de que xa rematou o verán, tamen inflúe que por aquí non chove nin fai frio de momento.
Vaia rollo che metín, o único que pretendía era animarte, por certo gústame o teu blog.
un saudiño dende Valdeorras (Ourense)
Grazas por comentar, amigo. Supoño que o da tristura é transitorio, así o espero e desexo, vamos.
Agradecerte tamén que digas que che gusta o meu blog, anímame a seguir, porque últimamente non había moita xente por aquí jeje.
E polo resto, eu agora estou estudando na miña cidade, en Barcelona, non me movín de aquí jeje.
Unha aperta dun Ourensano
Add A Comment