Pensadores (I)

outubro 10, 2007

Hoxe, camiñaba pola rúa Villarroel (sí, a miña) e atopei un cartaz onde se anunciaba un espectáculo-show de maxia. Proseguín a miña marcha, cara á escola que me acolleu na ESO e que agora instrúe ao meu irmán (iso sí, aínda na Primaria). Á volta, da man dunha muller duns 40 anos, botoulle unha ollada ao cartaz anteriormente comentado e, contestando a dúbida do seu fillo, dixo: "Eso son mentalistas, pensadores de esos". Instantes despois, laieime de canto mal fixo na vida cotiá do país Anthony Blake. Pero iso, é outro conto.

Seguramente, os pensadores, nunca saian en cartaces, pensei pra min. É máis, que un pensador actúe nun teatro, veríao como un complemento, se cadra, nunca como un núcleo. Á marxe diso, pareceume curioso que, aínda hoxe, a realidade esté tan distorsionada.

Pensadores son xente como Quim Monzó que, no seu empeño de facer un non-discurso, foi aplaudido con ansias pola boa realización do  discurso (Contradicción? Non!) inaugural da presenza catalá na Feira de Frankfurt. Vai ben pouco, comentáballe eu a Luis Bará, Director Xeral de Promoción e Difusión Cultural da Xunta de Galiza, que moito tiñamos que traballar só pra que nos invitaran a participar como cultura invitada na feira cultural alemana. Él, obviamente, foise polas ramas. É o seu, de ben seguro, quédannos largos anos de traballo tendo que facer comentarios pesimistas ao respecto, sobre esta posibilidade.

E ben, hoxe (10 de Outubro) fago 18 anos.  Últimamente, quero aclarar, o meu espirito pesimista magnificouse, como todos puidestes comprobar. Mais, seguramente, non sexa xa unha crise daqueles típicas de adolescentes mimados e semi-pijos; supoño que é un dos síntomas do choque do individuo contra a sociedade. Porque hoxe, pensar, non se considera... Non se pensa nos que pensan, non se pensa en pensar...

Chuzame! chúzame -
  1. Rifo I Said,

    O primeiro de todo, Parabéns polo teu cumpleanos, xa es maior de idade, pero paréceme que eres maior dende hai moito tempo. Hoxe non teño eu moito tempo para escribir, pero si che vou a dicir que coido que ti has ser un gran pensador, de feito xa o eres.
    Un saudiño para un ourensan de pro.

Add A Comment