Pensadores (II)

outubro 11, 2007

Sempre odiei aquela xente que gosta de alardear do que ten, sabe, ou propón. Nunca me gustou. É máis, considero que hai que ter certa gracia pra rirse (tomando distancia, claro está) do que nós mesmo temos, sabemos (Tan só sei que non sei nada) ou propoñemos. Na Universidade, demostráronme, moitos rapaces que están acostumados a ser os sabelotodos do seu instituto, cual "niño de primaria" se tratara. E sí, saber o mesmo ca eles (se cadra máis, ou máis matizado) e calar, ten un valor engadido. Seguramente, o coñecemento, non ten prezo, máis si valor. Mais a adecuación ao medio, e o saber ter en conta o factor social, en moitos casos, é importante. Pensar, se cadra, é saber actuar, neste caso; o mellor nivel de adaptación ao medio é seguir facendo o que se desprende dos teus principios, pero sen asoballar. Ou, polo menos, tentalo. Tiña que dicilo.

Todo isto dígoo porque hoxe quería falar da miña clase de Ciencia da Administración. A profesora, - que dun xeito case provocador de cara ao amplo sector independentista da miña clase, imparte as clases en castelán- o outro día estaba falando das saídas teorizadas sobre a resolución da crise sobre o Estado do Benestar. Así, presentaba dúas correntes ideolóxicas opostas, na teoría: o neoliberalismo (que dicía comezar con Reagan e Thatcher, nos seus respectivos países e mandatos) e a socialdemocracia (na que o modelo, de sempre, foron os paises nórdicos: Suecia, Noruega...) E, nese intre, no que os grandes cerebros da miña clase debían ter levantado a man, airosos, con ganas de deixar en evidencia unha profesora que non lle podería negar unha evidencia, levantei eu a man.

Sabedores todos, da miña condición nacional - sí, galega - , atenderon, con maiores ganas das normais (teño que recoñecer) qué era o que eu quería aportar. Unha pequena mención foi suficiente pra que ninguén dos alí se enterara de por onde ían os tiros.

¿La Tercera Vía o Liberalismo Social sería una teoría para la resolución de los problemas del Estado de Bienestar?

E, evidentemente, malia que eu non profese, si o é. E foi entón cando, aqueles que, forzosamente, fixéronse ver diante dos profesores cando se preguntaban en clase cousas do currículo do Bacharelato, desapareceron.

Pensador, logo, eu non o serei, porque nese intre, deixeime levar polas pasións. Mais sí que hai que recoñecer que, dende logo, hai quen cre máis de si mesmo do que, realmente, pode ofrecer. Ben sei de nais que gababan os estudos dos seus fillos, na primaria. ¿Onde están agora? Pensadores, non che son.

Chuzame! chuzame -
  1. Rosa Enríquez Said,

    Ola Silvio é a primeira vez que entro no teu blog. Gústame o blog e gústame que che guste pensar.
    Estou dacordo niso de que saber e non facer propaganda do que un sabe é a sabedoría maís sinceira, a máis brava, a verdadeira.UN SAÚDO¡

  2. Rifo I Said,

    Bon, o das nais pódese perdoar, ben sabido é que a todas nos gusta fachendear dos nosos fillos.
    Pero é certo que a algunha xente moito lle gusta sobresair e porse por riba dos demáis, cando a verdade é que non fai falla, o que sobresae de verdade é aquel que o fai pola súa valía auténtica, non ten que dicir, nin presumir de nada.
    Vou tentar de poñer unha ligazón ao teu blog, senon teño que andar a buscalo sempre por ahí.
    Un saúdiño.
    Por certo de que pobo de Ourense és?

Add A Comment