Momentos…
outubro 21, 2007Sempre é difícil manter unha imaxe de persoa enteira, infranqueábel e (aparentemente) fría ante os estímulos da vida. Sí, é complexo crear barreiras, poñer pedras no camiño dos que intentan ferir apelando ao persoal.
Gustoume dende pequecho escribir. Seguramente, foi o meu modo de escapar da realidade, de matar os prexuízos sociais e de crear unha personalidade propia, onde denunciar o malo da vida e enunciar o agochado dos meus adentros. Xa de pequeno, algún profesor (dos poucos que collera confianza cun distante Silvio), chamábame "El hombre de hierro" apelando ao inexpresivo dos meus xestos e á tranquilidade diante das tarefas estudiantís, confiante do éxito na superación das mesmas.
Así, este rapaz que lles fala, sempre foi estigmatizado como una persoa efectiva académicamente e lineal socialmente, malia a incipiente capacidade que viña desenrolando no tocante á crítica social. Pero, os prexuízos, como ben é sabido, morren axiña, cando non son certos. E, xustamente iso, aconteceume no día de onte.
Desexar a unha persoa, é moi bonito. Querer a unha persoa, cando es correspondido, cambiache a vida. Pero, cando amas a unha persoa, a parte de todo o xa mencionado, perdes o timón da nave, perdes a brúxula coa que sempre navegaches nos mares da vida. E, cando, cheo de dor e raiba acumulada, provinente de tempos pasados nos que choveu arreo encima da miña alma, rompo á chorar polo bo do momento e a incredulidade coa que o vivo; entón é que son eu.
Sí, foi onte. Camiñando polas Ramblas, ás 12 da noite. Rompín á chorar, da man dunha moza; da miña moza. Son prudente; non considero axeitado mostrar os meus sentimentos así como así, a calquera que coñeza: sobre todo, porque sempre son sinceros e entregados. Sí, valorando tempos pasados nos que eu, sufría día tras día, noite tras noite, sentíndome un iluso por, entre outras cousas, confiar aínda en que ela se fixara nun soñador coma min.
Lagrimóns percorrían o meu rostro, até chegar aos meus beizos. Ela, incrédula da miña explosión atemporal (tendo en conta o momento no que chegaban), non facía máis que vanagloriarse pola grandiosidade e sinceridade do que eu levaba dentro do meu peito. Eu, ríndome mentras choraba, só acertaba á comezar frases e á dicir palabras inconexas.
Son eses, só, os momentos que lle dan sentido á vida. Cando, realmente, quitámonos as máscaras* e deixamos fluir o que levamos dentro, todo o acumulado, sae. A lo menos, confórmome con ter algo máis ca cabeza. Supoño que teño corazón...
chuzame -
Non o supoñas, estate seguro de que o tes, eu xa cho vin. Ai pensador namorado! eres todo corazón, há ter sorte esa moza que está ao teu carón, se fose eu non te deixaría escapar.
Un saudiño.
Hoxe vivimos a vida rodeados de milleiros de factores que impiden que o noso corazón poida obrar libremente, é difícil que o noso cerebro lle consinta actos sen unha revisión previa. Isto só ocorre cando somos nenos, por exemplo, un raparigo de 5 anos non ten é consciente do seu vivir nun espazo temporal, nunha sociedade, no mundo… o seu corazón é libre pois o seu cerebro aínda non sabe como controlalo.
A túa precocidade para o mundo do coñecemento e para o mundo emocional fará que estés máis preparado para esta vida na que todos os recursos son poucos para sobrevivir.
É como na informática, instalas os programas amor 1.o, desamor 2.1, frustración 1.2, serenidade 1.o, etc e co tempo terás que ir actualizando todos esos programas pois algún pode quedar desfasado, inservible. Apertas, Silvio, contar está ben, e contar para alguén aínda está mellor.
A túa precoz”idade” para o mundo do coñecemento e para o mundo emocional fará que estés preparado para esta vida na que non nos sobran recursos para sobrevivir.
Como na informática irás agregando programas ao teu disco duro, amor 1.0, desamor 2.1, serenidade 1.2., frustración 2.0, etc. Pero co tempo terás que ir actualizandoos pois moitos quedarán desfasados…
Apertas, Silvio. Contar está ben, contar para alguén está superben.
Add A Comment