Estabilidade
novembro 13, 2007O outro día comentaba cun bo amigo meu o bonito que é estar seguro dalgunha cousa; saber de certo que o que dis é demostrábel. E parece que, en conversacións de bar (ou similares), todos levan a razón (mais xeralmente ningún acaba por dar unha lectura razonada de nada; berrar non leva a ningures).
Ben, saber algo ao 100%, a día de hoxe, considero, é bastante difícil. Por poñer un exemplo, podemos asegurar sen trabucarnos que o estado cambiante da sociedade impídenos estabelecer modelos inamovibles de actuación (en ámbitos concretos) á hora de comezar relacións sociais. E iso, realmente, fai que (cual Madonna se tratase) te teñas que reinventar de forma casi continuada, cada vez que cambias de ambiente.
Iso, pra os que lamentábelmente tivemos que emigrar, é unha constante. Eu, en Catalunya, cambiei. Foi o tempo, pero tamén foron os que me rodearon e a forma de vivilo. E agora, cheguei a un punto do que, seguramente, non hai retorno. Estou seguro de algo, ao 100%, cousa complicada, tal e como dixen anteriormente. E aquelo do que estou seguro é algo que, na Galiza, non sentín.
Estar namorado é tan bo como malos os momentos previos a ser correspondido. Choveu moito, fai un mes e algo, encima meu. Pero a espera pagou a pena. Hoxe, estou seguro de estar namorado e, incluso, de ser correspondido (da mellor das formas que podía imaxinar, todo sexa dito).
Pero vamos, iso xa non é cuestión do pensamento; o mundo "relativo" acábase cando atopas a estabilidade... Fora pesimismos e escepticismos!
chuzame -
Parabéns polo teu “estado” tan maravilloso, desexoche moita felicidade, disfrútao,
un bico.
si, moita felicidade, coma dixo Rifo I. É tan fermoso como dificil o amor. Nunca se dirá abondo para nos coidar da ledicia e da dor que é quen de nos imprimirnos na alma.
Te presento un nuevo simulador político: http://pollive.mundoforocom
Add A Comment