O fin do ano
decembro 31, 2007Seguramente, moita xente dalle unha importancia suprema ao Nadal no seu conxunto, á Noiteboa e, en definitiva, ás festas onde os cartos non acougan dentro da carteira (xa ven porque os gastas ou porque aqueles que se adican a collelos prestados do peto de quen pode están especialmente agudos). Pero eu, en cambio, sempre afirmei, e volvo afirmar, que non me gusta o Nadal. É máis, son as festas máis crueles pra aqueles que non están ben e as máis melancólicas pra aqueles que, aínda estando ben, en condicións normais non reflexionarían sobre feitos pasados ou inesquecíbeis.
Está claro que o Nadal é necesario. Dende o punto de vista económico (un aumento exponencial do gasto das familias) e dende o punto de vista emocional (que aparentemente enternece o afán destructivo da sociedade competitivamente capitalista do século XXI). Pero é necesario cando nos poñemos á mirar a vida como un político ou como un sociólogo. Se imos máis alá e mirámos a vida dende a nosa condición de persoas darémonos conta que o Nadal, en si mismo, é un "querer e non poder". Son bos propósitos que se quedan na utopía.
Sin embargo, o fin de ano sí que ten significado, na miña opinión. Non é tan hipócrita (quen pasa o fin de ano co cuñado que lle cae mal?), é máis festivo e ademáis é aleatorio (prefiro facer un día de festa sen motivo que celebrar o Solsticio de Inverno como xa facían os romanos; digo eu).
Pero vamos, que os mellores desexos que teño de cara ao 2008 se lle cumplan a todo o mundo. Non pretendo ser mal patrón, viaxeiros desta bitácora!
chuzame -