O fin do ano

Arquivado en: Falar por falar — 31 Decembro 2007 @ 4:28 pm

Seguramente, moita xente dalle unha importancia suprema ao Nadal no seu conxunto, á Noiteboa e, en definitiva, ás festas onde os cartos non acougan dentro da carteira (xa ven porque os gastas ou porque aqueles que se adican a collelos prestados do peto de quen pode están especialmente agudos). Pero eu, en cambio, sempre afirmei, e volvo afirmar, que non me gusta o Nadal. É máis, son as festas máis crueles pra aqueles que non están ben e as máis melancólicas pra aqueles que, aínda estando ben, en condicións normais non reflexionarían sobre feitos pasados ou inesquecíbeis.

Está claro que o Nadal é necesario. Dende o punto de vista económico (un aumento exponencial do gasto das familias) e dende o punto de vista emocional (que aparentemente enternece o afán destructivo da sociedade competitivamente capitalista do século XXI). Pero é necesario cando nos poñemos á mirar a vida como un político ou como un sociólogo. Se imos máis alá e mirámos a vida dende a nosa condición de persoas darémonos conta que o Nadal, en si mismo, é un "querer e non poder". Son bos propósitos que se quedan na utopía.

Sin embargo, o fin de ano sí que ten significado, na miña opinión. Non é tan hipócrita (quen pasa o fin de ano co cuñado que lle cae mal?), é máis festivo e ademáis é aleatorio (prefiro facer un día de festa sen motivo que celebrar o Solsticio de Inverno como xa facían os romanos; digo eu).

Pero vamos, que os mellores desexos que teño de cara ao 2008 se lle cumplan a todo o mundo. Non pretendo ser mal patrón, viaxeiros desta bitácora!

Chuzame! chuzame -

1 Comentario »

  1. Rifo I:

    Fíxome moita graza iso que dis ( a ver quen é o que pasa o fin de ano co cuñado que lle cae mal), e tes razón, na noiteboa hai que cear ca familia por imperativo legal e bicarnos e sorrirnos cos cuñados que non podemos ver nin en pintura, mentras que no fin de ano como a cousa é máis festiva, pois cada quen elixe con quen está e con quen o pasa.
    pero en xeral son unhas data que tampouco me gustan, penso que so son boas para os cativos e para os comercios.
    Unha aperta e bon ano.

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Os saltos de liña e parágrafos son automáticos, os enderezos de correo electrónico nunca se publican, as etiquetas HTML permitidas son: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>

(requerido)

(requerido)