Os galegos (¿Cómo nos ven?)
Moitas veces esquecémonos de que somos un povo espallado polo mundo. Moitas veces non reparamos na nosa realidade fora da Galiza. Pero, sobre todo, non temos en conta a visión que teñen dos galegos nos lugares (moitas veces lonxanos, outras veces non tanto) onde hai un galego, onde hai alguén que fala a nosa lingua.
¿Qué pensan de nós os arxentinos, uruguaios, brasileiros...? ¿E os madrileños, cataláns e vascos?Primeiro entran os prexuízos, aquelas creenzas que se transmiten de pais a fillos, cuestións que se presupoñen vox populi, pero que á hora da verdade quedan eclipsadas e pasan a ser meras curiosidades ou, se cadra, aquilo do que primeiro se esquecen.
O traballo do que emigrou: deixar un bo sabor de boca do que significa ser galego, cousa que, xeralmente, non é agradecido nin doado, pero que é tremendamente satisfatorio cando acadas éxitos, xa que te sabes representante de toda unha nación; de todo o noso país; de todas as nosas xentes.
Hai diferentes maneiras de ver a un galego, incluso diferenciadas polo tempo. A vella imaxe do galego traballador, que estaba alí en París, Bruxelas, Berlín etc gañándose a vida pra mandarlle cartos periódicamente aos seus (e moitas veces vivindo unha vida penosa). Esta visión, seguramente, situaríamola cronolóxicamente nos anos do franquismo e, ademáis coincidiría coa apertura dun sinfín de negocios galegos (restaurantes, bares e outros), que lle deron unha proxección gastronómica e social a todo aquilo que se definía como "galego".
Tamén esta foi a época da gran puxanza dos Centros Galegos, que se erixían como as grandes entidades sociais de refuxio dos galegos no exterior, onde compartían a súa morriña e, simplemente, interactuaban entre eles (de aí saíran moitas parellas, e moitas amizades). Dalgunha maneira, esta época, situémola xeográficamente en Bos Aires, París ou Barcelona, ten características moi similares, mais unha cousa destaca por encima de todo: os galegos, como comunidade cultural, social e, política, non existíamos.
E sí, falo de comunidade cultural, social e política, das tres patas da existencia real dun povo, aínda que esté fora. Sen querer ferir as sensibilidades de ninguén, os galegos, ata os anos 90, fomos uns reprimidos política, social, e culturalmente. Só estabamos orgullosos dos nosos platos, das nosas bebidas e dos nosos bailes populares; que constituíron un folclore. Ata que a xente, comezou a entrar en sentido.
O GALEGO, volveu ser a lingua propia dos Centros Galegos e das Federacións de Entidades Galegas (cousa que, en moitos casos, parecía imposible). AS ACTIVIDADES CULTURAIS deixaron de ser solo comilonas e degustacións. Estas dúas cousas, en maior ou menor medida, vanse cumplindo pouco a pouco e máis dende o impacto que representou o movemento "Nunca Máis" e o cambio de goberno (no que afecta a subvencións e atención ás entidades do exterior). Aínda así, esquecémonos da parte máis importante da presencia galega no exterior: a vertente política. Temos un triángulo que completar, temos que ser galegos e estar orgullosos de selo, dentro da nosa (libre) opción política.
¿CÓMO NOS VEN? Unha gran parte da poboación venos como a nacionalidade histórica que non merecería selo, como a Galiza filla de Fraga e do PP, como a comunidade envellecida que só ten gaitas. Tamén dubidan sobre a realidade da nosa lingua, - preguntando en moitas ocasións se o galego está normativizado (xa non normalizado) – pero tamén da solvencia e fortaleza do nacionalismo, así como da propia conciencia de país. Semella curioso que a pedagoxía se teña que converter en imprescindíbel á hora de contar que o BNG é de esquerdas (non de dereitas, como pensan moitos que é –cando digo moitos, digo moitos cataláns, neste caso- , cando ollan o pacto "Galeuscat") e que ten unha base social sólida na Galiza.
Non debemos deixar que se fale só de nacionalismos catalán e vasco; non debemos deixar que nos pasen por encima á hora de ser protagonistas nos titulares dos telexornais. Debemos organizarnos, debemos afirmarnos políticamente alí onde nós estemos. É por iso, que, a conciencia individual, debe facer presente ao nacionalismo galego na emigración. Os galegos, non temos fronteiras; non poñamos nós trabas ao que somos...
Artigo publicado en vieiros.com, mundogaliza e inforosal.
chuzame - 3 Comentarios »
Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI
Deixa un comentario
Os saltos de liña e parágrafos son automáticos, os enderezos de correo electrónico nunca se publican, as etiquetas HTML permitidas son: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>
Maio 9th, 2008 @ 3:14 pm
Això de que se sorprenen de que el BNG sigui d’esquerres va per mi? XD
Jo particularment els gallecs els veig com et veig a tu, ja que pocs en conec i més pocs que m’hagin parlat de galleguisme. XD
Vinga Silvio, fins dimarts!
Maio 12th, 2008 @ 1:45 am
Cataláns, sodes mais choscos do que eu pensara. Realmente Galiza sempre foi un país diferente de España maís se cabe que as outras nacionalidades históricas, os españois pouco coñecen do noso país máis moito coñecen do País Vasco ou Cataluña. E históricamente sempre Galiza foi unha terra afastada e lonxana para os españois. Soamente hai que ver coma nos tratan nos informativos, case que coma extranxeiros, como unha curiosidade antropolóxica. Pois ista curiosidade antropolóxica un día pode dar máis dalgunha sopresiña.
Xa se ve, cataláns e españois comparten o mesmo descoñecemento do noso país, nalgo concordan polo menos e en mais cousas das que creen.
Maio 12th, 2008 @ 11:14 pm
Que crak!
Eu Galego e una persona mu sohiable!!!XDXD(no sé si és així, però segur que em perdones)
Visca Galiza Euskal Herria i Catalunya antifeixistes sempre;)
Davidinho