Blogues pola lingua: Na defensa do noso idioma

Arquivado en: Falar por falar, Política Galiza — 14 Maio 2008 @ 4:03 pm

Manifesto “Na defensa do noso idioma”

As persoas asinantes da presente declaración, somos autoras e autores de blogues galegos, que suscribimos voluntaria e libremente esta iniciativa e que publicamente MANIFESTAMOS:

  1. O noso completo e activo compromiso coa lingua galega, como principal alicerce da nosa identidade colectiva como pobo así como a nosa preocupación perante a situación que esta vive na actualidade.
  2. Entendemos a Rede como unha canle con importantes potencialidades para a expansión en usos do noso idioma que deben ser aproveitadas, e avogamos porque o galego sexa tamén a lingua vehicular das/os galegas/os en Internet. Apoiamos tamén a reivindicación dun dominio propio en internet para Galiza.
  3. Expresamos o noso total rexeitamento perante todo ataque contra o galego, independentemente de quen proveña, e particularmente no caso de entidades que declarándose defensoras dun presunto, mais falaz, bilingüísmo incorren en ser de facto unha manifestación do auto-odio.
  4. Reclamamos o noso dereito a vivir con completa normalidade na lingua que é propia de Galiza, tendo garantido plenamente o noso dereito a empregala en todos os eidos da nosa vida.
  5. Adherímonos colectivamente ao manifesto “Polo dereito a vivirmos en galego” d’A Mesa pola Normalización Lingüística.
  6. Chamamos á cidadanía galega, especialmente á mocidade, a participar na manifestación nacional en defensa do noso idioma, que baixo o lema “Polo dereito a vivirmos en galego” convoca A Mesa pola Normalización Lingüística, e que terá lugar o vindeiro domingo 18 de maio, na cidade de Compostela, e que partirá ás 12h da Alameda.

Galiza, maio de 2008.

 

Este é o manifesto de BLOGUES POLA LINGUA, unha iniciativa da cal "O caderno do Silvio" é promotor e que pretende defender o uso do galego na rede e nos blogues. Podes ver a lista de adhesións e tamén adherirte enviando un correo electrónico indicando a URL, o teu correo e o nome do teu blogue a

bloguespolalingua@gmail.com

Informacións : http://www.xornal.com/article.php3?sid=20080514125844

http://chuza.org/historia/blogues-pola-lingua/

http://www.vieiros.com/nova/66507/blogues-pola-lingua-a-defensa-do-galego-na-rede 

http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=11&idNoticia=300265 

 

Chuzame! chuzame -

2 Comentarios »

  1. Pablo:

    Ola Silvio!

    Coincido en todo salvo no punto que fai referencia a outras asociacións a prol do bilingüísmo. Coido que non é bó relaciona-las co auto-odio. Non pertenzo a ningunha, pero non me gusta sinalar co dedo e “marcar” a quen non pensa coma min.

    Proba disto é que a pesares de ser roxo vermellón, paréceme que escribes ben e sígote en MundoGaliza.

    Cada vez que escoito algunha alusión insultante (vivo en Madrid) a Galicia ou algún estereotipo, a Galicia síntoa moi miña, lamentablemente cando chego á rede, atópome cun nacionalismo que no che me gusta nadiña.

    ¡Son un incomprendido!

  2. Manuel Busto:

    Amig@ blogueir@: Queremos informarte da Xuntanza de blogueiros que terá lugar en Agolada (Pontevedra) no sigular recinto de Os Pendellos, o día 31 de maio de 2008. Gustaríanos contar coa túa presenza.
    Agradecémosche que lle deas publicidade ao evento desde a túa páxina. Se o tes a ben coloca o logo da xuntanza nun recanto do teu blog.
    Tes información do programa de actos no seguinte enderezo:
    http://blog-xuntanza.blogspot.com

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Os saltos de liña e parágrafos son automáticos, os enderezos de correo electrónico nunca se publican, as etiquetas HTML permitidas son: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>

(requerido)

(requerido)