Qué queres ser de maior?

xuño 3, 2008

Hai quen non sabe qué fai; hai quen fala do que non entende. Comezando polos que lle botan a culpa á lei d’Hondt dos malos resultados de IU (obviando que a culpa en realidade tena Javier de Burgos - que foi quen diseñou as provincias – e a lei pola reforma política – que as estabeleceu como circumcripcións electorais) e rematando polos que fan dun arquetipo, dun tópico; a súa maneira de velo mundo. Digamos que, pra moitos, os prexuízos moven o mundo. Pero hai exemplos que a un sácano de quicio.

Lía no periódico vai pouco que un tal Pepe Muleiro (pseudónimo de Ricardo Parrotta) publicara na Arxentina un libro de chistes sobre gallegos. Ben, por todos é sabido que pra os arxentinos somos pouco máis que os de Lepe son pra os españois; pero ben, considero que a falta de respeto que levou a cabo este home é demasiado grande. Estás en una habitación con Hitler, Bin Laden y un gallego. Tienes una pistola, sólo dos balas. ¿Qué haces?Pues le disparo al gallego dos veces, para asegurarme. Se isto é humor, a verdade, que non conten comigo pra rir.

Aínda que, hai outra cara da mesma moeda. Aquela xente que comprende, non se deixa levar pola palabrería e entende quen é. Falo do que representa a película Abrígate (que se pode ver no Cinema Comedia en V.O), producción galaico-arxentina rodada na Galiza que fala da historia dos xa coñecidos retornados, neste caso da América.

En fin, hai quen sabe o que quere, e hai quen, cando lle preguntan qué vai ser de maior, só sabe respostar: “Xubilado”.

Chuzame! chuzame -
  1. Anahi Said,

    Paréceme unha falta de respeto.

    De todas formas, non todos pensan así, coñezo moita xente latinoamericana que valoran bastante ós galegos… o problema é sempre da xente inculta…

  2. Carolina Said,

    Eu propoño que igual que galego se usa nese aspecto (”e non ten que ser despectivo”), usemos nós agora seu nome co mesmo fin. “non me sexas PepeMuleiro, anda”, “máis Parrotte e non naces”. Ou algo así.
    Iniciamos campaña?
    un saúdo

  3. Sin blanca por el mundo Said,

    Hola guapetonsísimo:

    Et deixo un regalet per a tu i els teus amiguitos amb tot el meu amol:

    http://www.youtube.com/watch?v=u_eacND2MLc

Add A Comment