Archive for setembro, 2008
setembro 27, 2008
Tempos modernos
Ninguén sabe quen é. Ninguén toma plena consciencia de qué vive dentro dos seus ollos, de por qué actúa dunha maneira ou outra. ¿Qué nos fai cataláns, galegos, españois, senón a vida? A vida é azar, pero, sobre todo, son experiencias. E nestes Tempos Modernos (como a celebérrima película de Chaplin) a xente xa non sabe cara a onde vai, non hai camiño que percorrer... Solo actúan automáticamente como ven actuar a: 1. Ás/Ós que saen nas revistas. 2. Os que os rodean.

Intentan diferenciarse copiando, intentan integrarse diferenciándose; actúan fomentando a sinrazón e a ignorancia. Cren que a política non serve de nada máis quéixanse de que non lles da becas nin axudas aos xoves pra vivenda; cren que non merece a pena ir votar, porque non cren no bipartidismo e os partidos minoritarios nunca gañan.
Ignoran reformas constitucionais; ignoran reformas estatutarias; ignoran as normas, pra canto máis sabelas aplicar segundo a súa conciencia. Non queda quen pense, non queda quen tente interpretar o mundo; quen o mire con ollos interesantes.
Escoitando os informativos horarios de COPE&company todo está a punto de escachar, e os poucos que poderían informarse cren a pies juntillas todo o que bendice deus dende as ondas radiofónicas.
Que lle den ao mundo. Que volva o CHE e o maio do 68. Porque outro mundo é posíbel; que o expliquen nas aulas, que llo digan a tódolos rapaces. Que non lle enseñen a non aprender; que non lle enseñen só a obedecer.
chúzame -
setembro 8, 2008
Represión.
!Cantas veces a represión evitou momentos de lucidez artística! Científicos e artistas, galeguistas e comunistas, nacionales e republicanos. !Mortos polo autoritarismo, polo feixismo de quen exerceu a represión! Mortos por a prepotencia de quen se creu por encima dos outros.
Pero non vos equivoquedes! A represión máis grande, máis importante, é a que inflúe sobre a decisión do individuo. Aquilo que os sabios chaman prexuízos; aquilo que a día de hoxe dirixen as grandes xeradoras de opinión (véxase multinacionais informativas e/ou comerciais).
Opinión Pública! Non! Opción Persoal! Que o tempo non corte as nosas ás, que o vento non deixe voar as horas! Que os vellos sexan xoves e que os xoves sexan vellos. Fágase a nosa vontade, aquí na terra...Coma no ceo.
chúzame -
setembro 6, 2008
Revolución
As cousas sempre tenden a seguir como están. O blog deste rapaz tímido seguiría igual ca onte mañá, se hoxe non se actualizara. As grandes mentes do século XX dixeron que a revolución era a única forma de trocalas cousas cando van máis alá do desexábel; cando o infortunio de moitos (inducido por uns poucos) chega ás súas cotas máis altas.
Trocar todo, é cousa de moitos. Revolucionar é tarefa dun forte motor, que moitas veces esquece cal é o seu combustíbel. Combustíbel que, ademáis de ofrecer garantías, debe ser barato (de mercar) e caro (de vender); de modo que involucre a moitos, en prol do ben común (comúnmente individual, seguramente).
Por iso pra conseguir os mecanismos suficientes pra, non só cambiar as tornas, se non pra construir un novo orden; precisamos de xente expectante. Homes que ollen, que miren o mundo con outros ollos. Que miren o mundo encima dos ombreiros dos xigantes. Encima dos ombreiros de quen soubo máis ca eles, encima de quen primeiro descubriu. L'home que mira, observa, analiza, le libros, saca conclusións, compárteas, debáteas. Algo que, por sorte o por desgracia, hoxe, é revolucionario.
Cando o interés individual prima sobre o colectivo; cando o diñeiro prima sobre a consideración mutua, ou cando as posesións materiais dan lugar ao respeto; cando isto pasa, como pasa hoxe, temos un problema. Ten un problema tamén o rapaz tímido, o home que mira e todo aquel que se queira parar á pensar. Porque os cambios construímolos todos, e a Revolución dos nosos días non chegará sen cambios previos; sen problemas.
O rapaz tímido pensa que o tacharán de comunista. Tamén pensa que os que digan iso non entenderán ben o que di. Porque el aínda está á escalar sobre as costas dos xigantes e, antes de chegar, o camiño sempre é tortuoso. Ó chegar, todo tende a quedar como está. A ignorancia fai as cousas sinxelas.
Nota do autor: Adicado a Ramon Alcoberro e inspirado no ambiente pro-revolucionario que se vive estes días nos cinemas do país.
chúzame -
setembro 5, 2008
Tímido
Poñamos que un rapaz tímido escribe un blog. Poñamos tamén que lle gusta escribir. Este blog acaba por converterse nun conxunto de artigos, máis que nun intercambio de opinións. Él quere cambialo, quere dicilo que pensa: pero é tímido. Un círculo sen saída. Unha novela sen final.
Poñamos que o rapaz en cuestión, dono do blog, (tímido e articulista, recordemos) odia a hipocresía. Tamén rexeita as pamplinas sociais sobre a axuda mutua; cre na acción política, non na caridade (refuxio espiritual do primeiro mundo diante da vergoñosa diferenza social).
Digamos tamén que este rapaz é algo escéptico; por non dicir moito. Poñamos que hai xente que non entende as súas últimas entradas; que pensan que o seu blog, refuxio espiritual a berros, pretende atopar respostas inmediatas por parte dos achegados. El, escéptico, segue á pensar na rede como unha ferramenta importante, pero non a confundir coa vida real.
A súa timidez non lle deixou dicir hoxe que estaba triste. Non lle permitiu berrar ben forte que na vida hai moitas inxustizas. Por exemplo, estar lonxe.
Mañá máis.
chúzame -
setembro 4, 2008
Non é rencor
Escribir nun blog é algo que normalmente non é recompensado, nin agradecido, nin recoñecido, nin, tan siquera, a día de hoxe, é orixinal. Escribir, de feito, é menospreciado, se non é pra vender grandes remesas de libros en feiras comerciais ou, se cadra, pra triunfar nas máns dunha crítica que parece non existir pero que xulga quen vale e quen non (aínda que todos os que escribimos estemos expostos a arrancar boas opinións destes maxistrados da literatura). E non, non me rechazaron nunha editorial. Non é rencor.
A cuestión é non darse por vencido. A clave é non rendirse ante as embestidas da vida, ante os continuos golpes que, imperceptiblemente, van quedándose con pequenos anacos do que forma parte de ti. Continuar, malia que non esteas cómodo; porlle bos ollos aos malos momentos. ¡Non, hipocresía! Tampouco penso en ser complacente ante a adversidade; non son dos que prefire esquecer a afrontar. E non, non estou triste. Non é rencor.
Hai que atopar algo que leve cara arriba, algo que te levante por encima das nubes; algunha cousa que che faga esquecer se as nubes estén a piques de descargar sobre ti. Algo, normalmente, é alguén. E non, non estou só. Non é rencor.
Simplemente, reconciliarse cun mesmo, é difícil. Xa estou de novo aquí. Acompañado, listo pra as críticas e de todo corazón. Porque, nada do que fago; nada é por rencor.
chúzame -