A excusa

xaneiro 29, 2009

<!-- @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } P { margin-bottom: 0.21cm } -->

A EXCUSA

Nestes últimos tempos temos escoitado, todos, unha excusa que semella superar incluso á saturación da axenda de cada un, da merda de soldo que cobramos ou, incluso, ao xa clásico “ a esa hora non me vai ben”. A crise, sí, como o escoitan! Se che din de tomar un café, e non che apetece, que has dicir? “Coa crise, estámosche todos fodidos, non hai un peso” e, cun pouco de sorte, escabúlleste de que aquel vello compañeiro de escola che conte as súas peripecias cunha bailarina pluriempleada dunha discoteca do rural (no mellor dos casos). Iso todo, aínda que sexan primeiros de mes e o teu peto aprese con forza un billete de 50€, dispostos nunha partida presupostaria adicada ao “malgasto”.

Pero esa macabra excusa tórnase realidade cando, de súpeto, ese amigo teu, sí, aquel que era larpeiro e sempre ía ben vestido, diche que tras 15 anos de servizo á empresa (da que segue á falar ben, aínda que dos seus beizos escupa palabras amargas) foi substituido por unha máquina ou aínda peor, botárono polo efecto dunhas siglas temidas nestes tempos: un ERE!

Sí, meus amigos, a mal tempo boa cara, porque nunca se evolucionou sen problemas! O problema, considerado como tal e pensado dende un punto de vista aberto, é o comezo mesmo da solución deste. Por iso, deixémonos de excusas. Sexamos valentes, loitemos para mellorar. E non, esta última frase non é ningún eslogan para o 1 de Marzo, porque valentes que se fagan chamar Anxo Quintana ante o Imperio, xa vimos moitos, na rede.

(Texto pra o AMP de Xaneiro - Febreiro)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Add A Comment