Outono
outubro 20, 2009Dándolle voltas: O OUTONO.
Apáganse os aires acondicionados, caen as follas das árbores. Chega o outono; se cadra a estación máis poética do ano. Aínda así, o mundo non entende de poemas, nin tan sequera de beleza. A actualidade destes meses falará de sentencias sobre o Estatut, sobre a crise económica, sobre... En moitas ocasións, esquecerémonos do máis importante. Qué é o máis importante? Construír un mundo mellor; non destruír o dos outros mentres construímos o noso. Seguramente, estes pequenos preceptos de filosofía para aficionados non as enseñan nas escolas de Economía.


No outono sempre voan as follas dun lado a outro, como queren. Este ano semella que o virus H1N1 impregnará o seu fermoso voar. Son eu, ou queren que, definitivamente, nos cansemos de todo? Deixaremos de ir apañar as castañas aos campos, por mor de que porten virus mortais? Non pintaremos as caras dos pequenos por medo a non ter suficientemente lavadas as máns?
A normalidade voltou á vida de moita xente tralo verán, tralas vacacións que xa quedan alá ao lonxe. No horizonte sitúase o Nadal, previsíbelmente con moitos menos aguinaldos que de costume. Pero ollo, que non che quiten o que é teu; o que é noso. Nin a nosa lingua, nin o noso outono, nin a nosa vida... Temos dereito a non permanecer calados.
Add A Comment