Archive for the ‘Falar por falar’ Category

Naceu o Morador da encrucillada

agosto 1, 2008

Chegou xa o MORADOR DA ENCRUCILLADA! Despois dun tempo co proxecto en stand-by por falta de tempo, chegou a mellora estival do universo na rede de un servidor. O ano pasado mudámonos a blogaliza, deixando o Galiza, por sempre Galiza e instalándonos definitivamente no representante real do blogomillo; dos galegos na rede: blogaliza.org.

Este ano, construímos www.silviofalcon.com. "O Morador da encrucillada" compartirá espazos co "Caderno do Silvio", como a nova sección de descargas. Outros espazos de silviofalcon.com son totalmente novos, como a frase do día (debaixo da imaxe de cabeceira), o libro de visitas, o servizo de correo web e outras novidades que irán saíndo á luz.

Tamén, dende O Caderno do Silvio, pedir desculpas a quen seguían o meu blog non só polas análises políticas; senón pola narración paulatina de feitos medianamente persoais. Ben sabe Deus (se é que hai) que en ningún momento me esquecín deste blog.

Sen máis, despois das boas novas, retírome á terra non sen recordarvos que podedes descargar, pra amenizalo verán, o A Micro Pechado número 100; no apartado Descargas (arriba á dereita).

Chuzame! chuzame -

Qué queres ser de maior?

xuño 3, 2008

Hai quen non sabe qué fai; hai quen fala do que non entende. Comezando polos que lle botan a culpa á lei d’Hondt dos malos resultados de IU (obviando que a culpa en realidade tena Javier de Burgos - que foi quen diseñou as provincias – e a lei pola reforma política – que as estabeleceu como circumcripcións electorais) e rematando polos que fan dun arquetipo, dun tópico; a súa maneira de velo mundo. Digamos que, pra moitos, os prexuízos moven o mundo. Pero hai exemplos que a un sácano de quicio.

Lía no periódico vai pouco que un tal Pepe Muleiro (pseudónimo de Ricardo Parrotta) publicara na Arxentina un libro de chistes sobre gallegos. Ben, por todos é sabido que pra os arxentinos somos pouco máis que os de Lepe son pra os españois; pero ben, considero que a falta de respeto que levou a cabo este home é demasiado grande. Estás en una habitación con Hitler, Bin Laden y un gallego. Tienes una pistola, sólo dos balas. ¿Qué haces?Pues le disparo al gallego dos veces, para asegurarme. Se isto é humor, a verdade, que non conten comigo pra rir.

Aínda que, hai outra cara da mesma moeda. Aquela xente que comprende, non se deixa levar pola palabrería e entende quen é. Falo do que representa a película Abrígate (que se pode ver no Cinema Comedia en V.O), producción galaico-arxentina rodada na Galiza que fala da historia dos xa coñecidos retornados, neste caso da América.

En fin, hai quen sabe o que quere, e hai quen, cando lle preguntan qué vai ser de maior, só sabe respostar: “Xubilado”.

Chuzame! chuzame -

Blogues pola lingua: Na defensa do noso idioma

maio 14, 2008

Manifesto “Na defensa do noso idioma”

As persoas asinantes da presente declaración, somos autoras e autores de blogues galegos, que suscribimos voluntaria e libremente esta iniciativa e que publicamente MANIFESTAMOS:

  1. O noso completo e activo compromiso coa lingua galega, como principal alicerce da nosa identidade colectiva como pobo así como a nosa preocupación perante a situación que esta vive na actualidade.
  2. Entendemos a Rede como unha canle con importantes potencialidades para a expansión en usos do noso idioma que deben ser aproveitadas, e avogamos porque o galego sexa tamén a lingua vehicular das/os galegas/os en Internet. Apoiamos tamén a reivindicación dun dominio propio en internet para Galiza.
  3. Expresamos o noso total rexeitamento perante todo ataque contra o galego, independentemente de quen proveña, e particularmente no caso de entidades que declarándose defensoras dun presunto, mais falaz, bilingüísmo incorren en ser de facto unha manifestación do auto-odio.
  4. Reclamamos o noso dereito a vivir con completa normalidade na lingua que é propia de Galiza, tendo garantido plenamente o noso dereito a empregala en todos os eidos da nosa vida.
  5. Adherímonos colectivamente ao manifesto “Polo dereito a vivirmos en galego” d’A Mesa pola Normalización Lingüística.
  6. Chamamos á cidadanía galega, especialmente á mocidade, a participar na manifestación nacional en defensa do noso idioma, que baixo o lema “Polo dereito a vivirmos en galego” convoca A Mesa pola Normalización Lingüística, e que terá lugar o vindeiro domingo 18 de maio, na cidade de Compostela, e que partirá ás 12h da Alameda.

Galiza, maio de 2008.

 

Este é o manifesto de BLOGUES POLA LINGUA, unha iniciativa da cal "O caderno do Silvio" é promotor e que pretende defender o uso do galego na rede e nos blogues. Podes ver a lista de adhesións e tamén adherirte enviando un correo electrónico indicando a URL, o teu correo e o nome do teu blogue a

bloguespolalingua@gmail.com

Informacións : http://www.xornal.com/article.php3?sid=20080514125844

http://chuza.org/historia/blogues-pola-lingua/

http://www.vieiros.com/nova/66507/blogues-pola-lingua-a-defensa-do-galego-na-rede 

http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=11&idNoticia=300265 

 

Chuzame! chuzame -

Dándolle voltas - Os galegos de fora e a didáctica da diáspora

maio 14, 2008

Os galegos de fora e a didáctica da diáspora

Dentro da galeguidade común que nos reúne, e que se manifesta (con orgullo) en actividades tales como as que se poden celebrar en Barcelona no mes de maio, ás veces, debemos entristecernos pola pouca transcendencia e valoración por parte dos habitantes da “Galiza territorial”. Moitas veces hai que cansarse de explicar, de contarlle aos teus propios paisanos, que o que ti fas non é unha actividade folclorista, tampouco nacionalista; senón que é unha mezcla de manifestación persoal e enriquecemento cultural con outras culturas (se cadra, mellor organizadas, promocionadas e manifestadas que a nosa propia).

Dar, pra recibir; dar, pra sentirnos mellor conmigo mesmos; pero, sobretodo, dar, pra non esquecernos do que somos. É importante conservar a nosa lingua, os nosos costumes, a nosa maneira de vivir... Sen convertirnos en garantes de guettos ou defensores de gaitas ou bailes tradicionais, debemos ser responsables nunha ardua tarea, que é a de conservar o noso sen estancarnos no pasado e tampouco sen esquecelo.

Os tópicos, din que os novos, coma min, non nos comprometemos, que somos leña verde (moito fume, pero non arde). Mais, os tópicos, sempre están pra rompelos, pra loitar contra eles. E xa vai sendo hora de que os galegos non só asistamos, non só baixemos a cabeza cando manden os patróns. Porque, dunha vez por todas, deben de deixar de mexar por nós...

Artigo publicado en A Micro Pechado, número 97, Maio de 2008.

A Micro Pechado 2008 - Maio

Chuzame! chuzame -

O fin do ano

decembro 31, 2007

Seguramente, moita xente dalle unha importancia suprema ao Nadal no seu conxunto, á Noiteboa e, en definitiva, ás festas onde os cartos non acougan dentro da carteira (xa ven porque os gastas ou porque aqueles que se adican a collelos prestados do peto de quen pode están especialmente agudos). Pero eu, en cambio, sempre afirmei, e volvo afirmar, que non me gusta o Nadal. É máis, son as festas máis crueles pra aqueles que non están ben e as máis melancólicas pra aqueles que, aínda estando ben, en condicións normais non reflexionarían sobre feitos pasados ou inesquecíbeis.

Está claro que o Nadal é necesario. Dende o punto de vista económico (un aumento exponencial do gasto das familias) e dende o punto de vista emocional (que aparentemente enternece o afán destructivo da sociedade competitivamente capitalista do século XXI). Pero é necesario cando nos poñemos á mirar a vida como un político ou como un sociólogo. Se imos máis alá e mirámos a vida dende a nosa condición de persoas darémonos conta que o Nadal, en si mismo, é un "querer e non poder". Son bos propósitos que se quedan na utopía.

Sin embargo, o fin de ano sí que ten significado, na miña opinión. Non é tan hipócrita (quen pasa o fin de ano co cuñado que lle cae mal?), é máis festivo e ademáis é aleatorio (prefiro facer un día de festa sen motivo que celebrar o Solsticio de Inverno como xa facían os romanos; digo eu).

Pero vamos, que os mellores desexos que teño de cara ao 2008 se lle cumplan a todo o mundo. Non pretendo ser mal patrón, viaxeiros desta bitácora!

Chuzame! chuzame -

Hai outras terras…

xuño 11, 2007

Xa vai tempo que creei este blogue. Facíame ilusión, como a calquera ególatra que se precie (como somos tódolos bloggers, e máis os do blogomillo), ter un dominio da miña terra co meu nome. Acababa de descubrir blogaliza, alá polo Outubro do 2006.

Mais son tempos de loita calmada, de reivindicación normalizada do que sempre foi noso: o galego, a nosa lingua e a nosa cultura. Por iso, estando en blogger, dinme conta de que debía vir a blogaliza. O noso, hai que coidalo.

Con este blogue o que pretendo non é máis que dar vida a interpretacións persoais sobre todo o que acontece no meu entorno, ocupando un posto preeminente a política. Pero a política entendida coma a forma de solución dos problemas do día a día.

Non pretendo converter esta bitácora nun espazo pra o debate político, porque,
entendo, no blogomillo a monotemática (porén de facerse pesada) non logra xenerar un debate ao redor da actualidade. O mellor é que todo se deixe fluír e que cada un diga o que queira no momento adecuado. Os debates artificiais, que caracterizan a política de hoxe en día, nunca serviron de nada.

Sen máis, prégolles paciencia mentres un servidor non acaba coa construcción deste humilde
caderno, que espero encher de letras.

Chuzame! chuzame -