Coñéceme

SILVIO FALCÓN

 

Eu son Silvio Falcón, nado en 1989, estudante de Ciencias Políticas na Universidade de Barcelona. Son Responsábel Local de Galiza Nova Barcelona e responsábel de mocidade do BNG de Catalunya. Porén, son aficionado do Celta, fervente nacionalista, xogador de básquet frustrado e, sobre todo, emigrante (deses que non se quedan calados). Das miñas actividades socio-culturais podo dicir que fun finalista do X Premi Joan Santamaria, na modalidade de redacción breve, en catalá.

Son Director do Programa "Barcelona Atlàntica" de ERGAC e colaboro en diversas actividades de Rede.cat e do Foro Civico Galego de Barcelona. Colaborei tamén coa plataforma de La Xarxa d'Educació en Comunicació. Grou (Lobios) é a terriña que máis quero.

Colaboro en diferentes xornais dixitais: MundoGaliza, Inforosal, Arroutadanoticias e Vieiros. Tamén colaboro no voceiro de ERGAC, "A Micro Pechado".

Chuzame! chuzame -